mércores, 7 de xaneiro de 2015

Medea e Jasón e os argonautas

Outras das heroínas importantes foi Medea. Esta é filla de Eetes, rei da Cólquide, irmán de Circe e Pasífae, en cuxo reino se custodia o "vélaro de ouro", coiro dun carneiro áureo que estaba clavado nun carballo desta rexión e ao que se lle daba culto, pois no lombo deste animal sagrado chegara Frixo escapando dos que o querían matar. En agredecemento ao rei que o acolleu, o xoven sacrificou o carneiro a Zeus e ofreceulle o vélaro a Eetes, que o consagrou a Ares. 


Jasón, por nacemento, era príncipe, fillo de Esón, rei de Yolcos. Este foi destronado polo seu irmán, o ambicioso Pelias, que enviou a Jasón lonxe da cidade, co centauro Quirón que se encargaría de educar ao rapaz.


Cando cumpriu os 20 anos, dirixiuse a Yolco disposto a recuperar o trono que por herdanza lle pertencía. Pelias non se alegrou de velo, e pensou rápido como quitalo do medio. Decidiu envialo a unha  misión imposible: viaxar ata a Cólquide, e traer de alí o vélaro de ouro. É así como Jasón se embarca no Argos en compañía de héroes y príncipes helenos, entre os que destacan Heracles, Teseo, Orfeo, Hilas, Meleagro, Peleo, Pólux, Anseo, Tifis e moitos outros. Antes de chegar á Cólquida, pasaron mil aventuras onde se produciron varias loitas e a morte dalgúns dos argonautas. Finalmente Jasón chega á Cólquida onde o Rei Eates o somete a varias probas antes de acceder a devolverlle o Vélaro.

Aquí é onde xoga un importante papel Medea que, perdidamente namorada de Jasón, traizoa a seu pai e concédelle o don da invulnerabilidade a Jasón facendo que este destrúa ao dragón que lle puxera como proba Eeetes. E por tanto que consiga o vélaro.

Pero ademais para axudar a fuxir aos argonautas, Medea despeza ao seu propio irmán, de maneira que Eetes vaise detendo para recolle os membros dispersos do seu fillo e así conseguen escapar co botín sagrado. Medea seguirá exercendo moitas das súas artes para protexer a Jasón antes os perigos que se lle poñen no camiño, ata que conseguen chegar ao reino do rapaz.


Máis adiante, Medea engana ás fillas do tirano Pelias facéndolles crer que fervendo nun caldeiro os membros do seu pai o devolverían á xuventude. Descuberto o horror do crime da feiticeira, a parella é expulsada e debe refuxiarse durante dez anos en Corinto onde vivirán felices e terán dous fillos. Pero pasado este tempo Jasón abandona a Medea e despósase con Glauce. É entón cando a maga adopta os seus dotes máis cruentos: mata aos dous fillos e fuxe nun carro tirado por dous dragóns. Tras un largo período, regresa á súa terra onde tamén dará morte a Perses, que traizoara ao rei Eetes usurpándolle o seu trono.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario