Home bo, xusto e relixioso (segundo dicían algúns)
Aldeán das terra de Hus
Pai de 7 fillos e 13 fillas
Digamos que a situación económica non
era nada mala
_______________________________________
Un día faloulle Satán a Deus:
- Oes, déixame tentar a Job, a
ver se cae nas miñas mans
- Fai o que queiras, total…
E todo o mal caeu sobre Job:
matáronlle os fillos, roubáronlle o gando e unha chea de malas xogadas.
- Estas desgrazas deben vir da man de Deus; supoño que se me fai o ben tamén me fará o mal dixo Job; mais en ningún momento arremeteu contra el.
- Aínda non entendo como podes
seguir apreciando a Deus desa maneira despois do que nos fai. –dicíalle a
esposa anoxada con el.
Canta paciencia tiña o coitado do Job!
Así é que o poñen de exemplo sempre de aguante. Non me estraña!
Na taberna comenta a situación cos
amigos, que non sabían que lle dicir.
- Que non é culpa dos meus pecados, tío!
Faloulle o cuarto dos amigos:
- Sempre es ti o que das os consellos, meu amigo. Mais agora
tocouche a ti o infortunio. Eu se fora ti falaría con Deus, ca de cousas
que sabe facer ese home… Ben feliz é o home ó que Deus castiga e do que non
recibe ningún rexeitamento. Pois Deus manca pero sempre lle acaba poñendo unha
tirita á ferida. Humíllate a ti mesmo ante el e xa verás.
Meu dito meu feito. Non lle saíu mal
de todo a xogada, que aínda por encima de recuperar a súa felicidade gaña o
dobro do que ten.
Así que xa sabedes: tede paciencia que parece que así se consegue todo.


Ningún comentario:
Publicar un comentario