As novas
tecnoloxías estannos volvendo tol@s a tod@s. Ás veces párome a pensar, e alucino ca de
avances que temos, e parece que non nos damos conta. Ben, avances… xa non sei
que dicir. A min ás veces máis ca avances parécenme retrocesos. A televisión, a
radio, o teléfono… é incrible a de cousas que podemos saber e ver con só darlle
a un botón. E fíxome nos meus avós, por exemplo, e eles sorpréndense, claro:
cando eles eran mozos non había para nada o que hai agora. Entón eu penso,
cando eu sexa unha avoa tamén me sorprenderei dos avances da época? porque vai
haber novos inventos, claro. E asústome, porque... fannos máis fácil a vida, si;
pero tamén nola complican. Convertémonos en seres dependentes totalmente de
aparatos. Hai alguén a día de hoxe que viva sen teléfono fixo ou móbil?
Porque o móbil xa
é o non vai máis. Outro vicio coma o tabaco. Canta xente se espetará cada día
contra un farol na rúa por ir atendendo ao móbil? Gustaríame sabelo,
sería realmente interesante. Poder comunicarnos con xente que está lonxe de nós
mola, si. Pero agora xa se dá tamén a situación de que dúas persoas na mesma
habitación teñen a desvergonza de falarse polo móbil, sen mirarse ós ollos.
Pérdese así a comunicación, as relacións sociais. Ligar por whatsapp é o que se leva,
e eu pregúntome: vai haber algún día contacto físico ou transmítense tamén as
emocións e os sentimentos a través do móbil? Non sei, pero penso que nos estamos deixando ir demasiado por sendeiros que non nos conveñen, e eu inclúome no saco.
E é que para min
o libro é un dos mellores inventos. Transmítenos sensacións que nin a
televisión, nin o móbil nin nada iso conseguen transmitir.


Ningún comentario:
Publicar un comentario