Hai uns días faleceu unha das autoras máis importantes e influíntes da
literatura galega contemporánea, que merece, cando menos, un repaso pola súa obra. Estou a falar de Begoña Caamaño, xornalista na Radio Galega que se deu a
coñecer como escritora coa publicación das súas dúas novelas: Circe ou o pracer azul e Morgana en Esmelle."Non sabería nin querería escribir doutro xeito que dende o galego e dende o feminino: eu son muller galega", así era como ela se difinía, galega e feminista; e así foi como o plasmou nos seus libros. As respostas de Begoña Caamaño ao Cuestionario Proust que lle propuxo o crítico Ramón Nicolás axúdannos a descubrir a súa personalidade.
Begoña collía os mitos, dáballes a volta e convertíaos en relatos apaixoantes.
Isto é, dáballes ós mitos clásicos como a Odisea unha perspectiva feminista que
pretendía ir máis alá do que dita obra contaba. Así na súa obra Circe ou o
pracer azul doulle protagonismo ás personaxes femininas da Odisea de
Homero, Circe e Penélope. A viaxe de Ulises deixa de ser o fío condutor da
historia e Ulises é simplemente un pretexto que permite a comunicación entre
Circe e Penélope a través de cartas. 
Ningún comentario:
Publicar un comentario