Seguro
que todos oímos algunha vez unha canción que nos fixo chorar do que nos gusta,
do que emociona, do abraiante que é. Non é necesario que sexa a nosa canción
favorita mais… ten algo que é irresistíbel.
Pois eu preséntovos esta peza, de Guadi Galego, que é, para min, realmente
espectacular.
Matriarcas pertence ao seu novo álbum, Lúas de outubro e agosto. Un traballo
persoal no que Guadi Galego se basa nas emocións e nas experiencias das
mulleres e que adica á escritora e amiga Beegoña Caamaño. Rodéase de mulleres para grabar o videoclip; unhas familiares, hainas nenas,
mestras, unhas actrices, outras anónimas pero todas “mulleres reais que
reflicten a resistencia na vida cotiá” como afirma Guadi. O vídeo, no que só aparecen mulleres, está acompañado de palabras e frases representativas do
que se di na canción e que aparecen escritas en distintas linguas. Por tanto, mulleres de distintos lugares, de distintas condicións, de distintas idades... pero todas elas mulleres, todas representantes do
matriarcado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario