xoves, 2 de outubro de 2014

Ánimas, pasade.

A Palabra Esquecida nace do alumnado de Literatura Universal do I.E.S de Arzúa(Galiza), cun claro proxecto en mente: dar difusión á lingua, cultura e historia dos países sen estado que viven oprimidos baixo o xugo imperialista daqueles que os dominan. Deste xeito, a través das nosas publicacións, trataremos de aportar información sobre eses pobos que non aparecen nos mapas, centrándonos, sobre todo, na súa literatura.

A parte disto, tamén temos intención de dar espacio ás nosas propias composicións literarias. Un pequeno espazo no cal poidamos poñer á vista do público eses anaquiños de papel que nos saen do interior e que normalmente gardamos no caixón.

Tamén queremos que se teña sempre en conta que este non é un blogue pechado, se non que está aberto a novas ideas, e calquera cousa que nos pareza interesante publicar(algunha noticia de actualidade, algun comentário dalgun libro ou filme que nos resultara interesante...).

Con esta breve presentación, e coa nosa maior ilusión, damos as grazas a quen chegue a ler isto e se interese polo que facemos. Sen máis, animámosvos a acompañarnos nesta nosa pequena odisea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario