xoves, 16 de outubro de 2014

O nacemento da literatura persa

O nacemento da literatura persa
A literatura persa ten a súa orixe nas rexións lonxanas máis ala das fronteiras do actual Irán, debido a que a lingua persa floreceu e sobreviviu nas vastas franxas de Asia Central. Abarca un período cultural de 2.500 anos. O poeta máis importante da literatura persa foi Rumi que sempre escribeu en persa a pesar de que viveu en Konya, actual Turquía.

Existe literatura persa en rexións que actualmente forman parte de Afganistán, Pakistán, India e Asia Central, algúns escritos non están escritos en persa, senón en grego e árabe. Por exemplo, o panchatantra, é unha colección de fábulas, en prosa y verso, composto despois do século III a.C. Está escrito tanto en sánscrito como en persa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario