xoves, 16 de outubro de 2014

As orixes

As primeiras orixes do que máis tarde será o galego remóntanse á época castrexa, durante o século VI a.C. A cultura castrexa ven sendo a conxunción entre os elementos dos pobos que aquí xa vivían e os pobos indoeuropeos que chegaron procedentes de Europa central, entre eles os celtas. Segundo documentos romanos, os pobos preindoeuropeos foron desprazados pola invasión dos saepes, entre os que estaban os celtas. Existen controversias sobre o paso dos celtas no pobo galego, mais a achega dalgunhas palabras é evidente. Algúns autores como Pondal exaltaron a súa importancia; así se plasma na súa obra A Queixume dos pinos, que pasará a ser o hino da Galiza no 1890. 
 
Os romanos comezan a súa expansión a mediados do século III a.C. e é Octavio Augusto o que remata a campaña de conquista co episodio do monte Medulio entre o 29 e o 19 a.C. Gallaecia divídese nestes momentos en tres conventos: asturicense, lucense e bracarense.

 O latín introduciuse no territorio mediante un proceso de substitución lingüística. Este latín posuía certas diferenzas dialectais respecto do que se estendeu por outras zonas do imperio. E isto, xunto cos trazos existentes das linguas que alí xa existiran, contribuíu ao desenvolvemento do galego-portugués. Logo da romanización tivo lugar o superestrato: trazos que as linguas xermánicas ou o árabe foron deixando, de maneira moi escasa, na nosa lingua.

A diferente sorte que correron os territorios que estiveron baixo o dominio romano deron lugar ó nacemento de diferentes linguas románicas, entre elas o galego-portugués. Aínda que non hai ningún documento escrito en galego ate o século  XII, sábese que esta lingua aparece totalmente diferenciada do latín a partir do século VIII. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario