xoves, 16 de outubro de 2014

Galiza. Miña terra, meu lar.

A modo de introdución, direi que é difícil saber cantas linguas se falan no mundo, porque existen variedades que uns consideran linguas e outros dialectos, así é que seguramente haxa pobos descoñecidos para nós ou minorías con linguas que non están recoñecidas. 

A diversidade de linguas está en camiño de desaparecer posto que cada vez fálanse máis as linguas con máis falantes e as menos faladas vanse perdendo. Calcúlase que durante o século XXI poidan desaparecer case  a metade das linguas que hoxe se falan o que resulta verdadeiramente alarmante.

Hai tantas linguas, e tantas delas descoñecidas no panorama mundial… que non sabería por cal delas comezar. Pero por que non empezar pola propia? Pola miña, a galega; que moito que pese, tamén é unha das moitas linguas minorizadas que está baixo a opresión do castelán, lingua que cada vez vai aumentando máis os seus falantes na Galiza.

Empezarei dando pé a un repaso pola historia da Galiza, do galego e da súa orixe, para adentrarme despois máis a fondo na súa literatura. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario