xoves, 16 de outubro de 2014

Medo

Teño medo. Medo a caer e non levantarme. Medo a que intenten atraparme e caer presa no intento de escapada. Medo de non saber como saír deste caos. A non integrarme no que chaman sociedade. Medo de non conseguir os meus retos. A non conter as bágoas baixo ese simulado sorriso. Medo á xente. Medo a non encontrarte. 
Medo á vida. Medo a vivir. 
E quero berrar. Berrar con todas as miñas forzas.
Quero berrar que son libre, que non logro esquecer, que podo facer máis cousas das que penso, que para que sirve chorar?, que non me asustas, que sei defenderme, que… para que ter medo?

“E quero cantar a gorxa aberta e deseñar utopías, para encher de luz os días en que o sol non me sorrí.”

Ningún comentario:

Publicar un comentario